Thursday 18 de April de 2024

Alternativa de Sada denuncia o bloqueo dos Roteiros Saudables


O Concello de Sada leva desde o mes de xaneiro sen a actividade de maior aceptación por parte da cidadanía.

Desde o pasado mes de xaneiro os cidadáns de Sada vense privados dos beneficios de camiñar e de socializar cos veciños e veciñas das distintas parroquias do termo municipal. Os Roteiros Saudables, unha das actividades de maior aceptación en número de practicantes, continúa bloqueada polo actual goberno tránsfuga sen que dende a Concellería de Cohesión Social, promotora da actividade, se dea razón algunha.

Para Alternativa dos Veciños Sada isto é un claro síntoma da inoperancia deste goberno de particulares, e, visto o visto, se poñer en funcionamento unha sinxela actividade leva meses por parte do executivo tránsfuga, non nos queremos imaxinar o que poden tardar en adxudicar, por exemplo, o novo contrato de xestión da piscina municipal.